ASOCIACIÓN DE AMIGOS DE A MARRONDA




  Español   Galego

 RUTA DA MARRONDA
   TRAMOS
   
Tramo 1: O Cádavo - Fonteo Tramo 8: Penas - Castro (Variante)    
Tramo 2: Fonteo - A Braña Tramo 9: Derivación de Trabeiro    
Tramo 3: Fonteo - Sampaio Tramo 10: Castro - Sampaio    
Tramo 4: A Braña - Cortevella Tramo 11: Sampaio - Cabreira    
Tramo 5: Mendreiras - Cortevella Tramo 12: Cabreira - Cortevella    
Tramo 6: O Cádavo - Penas Tramo 13: Variante Panorámica    
Tramo 7: Penas - Castro Tramo 14: Cabreira - Cortevella (Variante Cazadores)    

Tramo 4: A Braña - Cortevella

GR-1 RUTA DA MARRONDA
TRAMO A BRAÑA-CORTEVELLA
GR-1.9 VARIANTE DA MARRONDA
LONXITUDE: 12.200M
TEMPOS: Ida: 1 horas 40 minutos / Volta: 5 horas 30 minutos
DIFICULTAD: Fácil, tramos anegados en época fluvial
ÉPOCA RECOMENDADA: Todo o ano, especialmente outono
Pinche no Mapa para amplialo

Comeza o tramo na parte máis alta do pobo de A Braña, á altura da última casa e tomando a pista asfaltada que nos conducirá ata o reemisor de televisión. A pesar de estar asfaltado e continuamente en ascenso, neste tramo é difícil ver vehículos, o ascenso é relativamente suave e as vistas sobre o val de Baleira son dignas de mención.

Acadadas as instalacións do reemisor, continuamos agora por unha pista de terra, chá e cómoda de andar, ata atopar unha confluencia de catro camiños na que deberemos optar pola que se dirixe máis a nosa esquerda.

O trazado seguirá a divisoria trasladándonos dunha a outra vertente en dirección Norde.Na vertente Oeste divisaremos enfrente a magnífica fraga da Marronda, na zona Leste podemos contemplar como as montañas se fan máis altas e os vales máis encaixados a medida que a nosa mirada se perde cara A Fonsagrada.

A baixada irá paulatinamente facéndose máis pronunciada ata que nun claro prácticamente chán nos desviaremos radicalmente a nosa esquerda, para acadar ó pouco a pista da Marronda.

Esta pista mantense sin pendentes e supón unha magnífica alternativa ó trazado do sendeiro, recomendándose utilizala para voltar a A Braña e Fonteo. Ademáis, supón o mellor mirador que se pode atopar sobre a Fraga da Marronda.

Si cando chegamos a esta pista nos diriximos cara ó Norde, desembocaremos noutra que debemos cruzar, para descender agora por un camiño, estreito e incriblemente afondado no terreo pola acción da auga, o que lle confire un aspecto espectacular.

O Barreiro condúcenos a Mendreiras, pobo no que podemos optar polo trazado principal que sae pola parte alta do pobo ou pola “Variante de subida”, que descende pola estrada que une este pobo con Martín.

O trazado principal ascende ata a parte máis alta da montaña, e descende logo vertiginosamente polo cordal, dando unha sensación aérea pero moi segura, dende o que divisaremos non sin asombro, as incribles retortas do Eo, moim perto xa de Cortevella.

Abandoamos o cordal para continuar descendendo por un Barreiro sinuoso que nos conduce rápidamente ata a estrada de Martín, pola que continuaremos ata a ponte que cruza o Eo e logo ata Cortevella, non sin antes facer unha parada para ver e fotografiar a fermosa aceña que se agacha perto da ponte.

subir

2007_ ASOCIACIÓN DE AMIGOS DE A MARRONDA