ASOCIACIÓN DE AMIGOS DE A MARRONDA




  Español   Galego

 RUTA DA MARRONDA
   TRAMOS
   
Tramo 1: O Cádavo - Fonteo Tramo 8: Penas - Castro (Variante)    
Tramo 2: Fonteo - A Braña Tramo 9: Derivación de Trabeiro    
Tramo 3: Fonteo - Sampaio Tramo 10: Castro - Sampaio    
Tramo 4: A Braña - Cortevella Tramo 11: Sampaio - Cabreira    
Tramo 5: Mendreiras - Cortevella Tramo 12: Cabreira - Cortevella    
Tramo 6: O Cádavo - Penas Tramo 13: Variante Panorámica    
Tramo 7: Penas - Castro Tramo 14: Cabreira - Cortevella (Variante Cazadores)    

Tramo 1: O Cádavo - Fonteo

GR-1 RUTA DA MARRONDA
TRAMO CÁDAVO- FONTEO
GR-1.9 VARIANTE DA MARRONDA
LONXITUDE: 8.500M
TEMPOS: Ida: 2 horas 40 minutos / Volta: 2 horas 50 minutos
DIFICULTADE: Fácil, zonas frecuentemente anegadas
ÉPOCA RECOMENDADA: Todo o ano.
Pinche no Mapa para amplialo

Tramo sinxelo que comunica os pobos de Cádavo, Vilaselle, Aldegunde, Pereira, Vilares, Castiñeiras e Fonteo. En xeral transcorre por carreiros e corredoiras fácilmente transitables debido en parte a que ainda están en uso para labores agrícolas e para o traslado de gando.

A paisaxe é marcadamente agraria e a particular configuración terrritorial da zona pola que transcorre o tramo descúbrenos pequenas pero continuas sorpresas que nos achegan a principal fonte de riqueza do municipio de Baleira.

Saímos de O Cádavo pola estrada de Perrelos, que pronto abandoaremos para seguir un carreiro que descende suavemente a nosa dereita. Sin posibilidade de perda chegaremos a Vilaselle, pobo que cruzamos para saír en dirección N por unha corredoira delimitada por balados de pedra.

O camiño comenza a ascender, primeriro suavemente e logo de xeito máis pronunciado ata acadar un tramo máis chan onde o deixaremos para desviarnos de novo á dereita, seguindo un carreiro claramente en ascenso por unha zona de mato.

Rematado o ascenso e logo dunha zona chá, deberemos de descender por un camiño que parte radicalmente a nosa dereita. Pronto teremos á vista Aldegunde, localidade á que chegaremos pola zona máis alta do pobo.

Descendemos atravesando o pobo e abandoámolo por unha corga á esquerda delimitada primeiro por chantos e logo por balados, que desembocará finalmente nas inmediacións da “Casa do Eirexe”.

Cruzamos a estrada asfaltada, descendemos a carón da igrexa e continuamos sin problemas ata o pobo de Pereira. En Pereira e denantes de entrar no pobo, unha corga á dereita conduciranos ata unha zona especialmente interesante e espectacular, os “Castros de Pereira”.

Tratase dunha paraxe constituida por unha serie de montículos de notables dimensións que presentan todo o aspecto de corresponderse coa estructur a típica dun castro, si ben non figura catalogado oficialmente como tal.

Logo o sendeiro continua pista arriba ata Vilares para máis tarde descender pola pista asfaltada que conduce a Castiñeiras.

Dende Castriñeiras un camiño fácil de seguir inicialmente chán e logo en franco descenso conduciranos fácilmente ata Fonteo.

En Fonteo atoparemos a fonte na que de xeito espectacular e ós pés dun vello castiñeiro, o río Eo principia unha andaina que rematará no Cantábrico na ría do seu mismo nome e que separa Galicia e Asturias a xeito de fronteira natural.

subir

2007_ ASOCIACIÓN DE AMIGOS DE A MARRONDA