ASOCIACIÓN DE AMIGOS DE A MARRONDA




  Español   Galego

 RUTA DA MARRONDA
   TRAMOS
   
Tramo 1: O Cádavo - Fonteo Tramo 8: Penas - Castro (Variante)    
Tramo 2: Fonteo - A Braña Tramo 9: Derivación de Trabeiro    
Tramo 3: Fonteo - Sampaio Tramo 10: Castro - Sampaio    
Tramo 4: A Braña - Cortevella Tramo 11: Sampaio - Cabreira    
Tramo 5: Mendreiras - Cortevella Tramo 12: Cabreira - Cortevella    
Tramo 6: O Cádavo - Penas Tramo 13: Variante Panorámica    
Tramo 7: Penas - Castro Tramo 14: Cabreira - Cortevella (Variante Cazadores)    

Tramo 3 Fonteo - A Braña

GR-1 RUTA DA MARRONDA
TRAMO FONTEO -SAMPAIO
GR-1.9 VARIANTE DE REAL
LONXITUDE: 4.022M
TEMPOS: : 1 hora 15 m / Volta: 1 hora 45 m
DIFICULTADE: Fácil.
ÉPOCA RECOMENDADA: Todo o ano.
Pinche no Mapa para amplialo

Trátase dunha etapa de transición que nos serve para dividir a xeito de “oito” o trazado principal, de tal xeito que poidamos realizar percorridos circulares con inicio e final en Fonteo ou Cádavo.

A variante comeza no desvío sinalizado na estrada de Fonteo a Sampaio, e segue esta estrada ata Real. A pesar de tratarse dun tramo maiormente asfaltado, dende el podemos divisar magníficas perspectivas da zona máis alta do val do Eo, con hermosas masas boscosas na ladeira oposta á que nos camiñamos cómodamente.

Perto de Real atopamos varias zonas de interese nas que se divisa o cauce do Eo, que pouco a pouco vai recollendo auga e convertindose nun auténtico río. Dende Real continuamos en descenso ata a ponte que une a estrada de Fonteo a Castro, Cubilledo e incluso Cabreira coa que estamos a seguir ata Sampaio, preto desta ponte atopamos un remanso de grande beleza que remata na presa dunha magnífica e fermosa aceña. Nesta presa formase unha fervenza de notables dimensións que debemos de ver, pois atópase preto de Sampaio e a unhas dúcias de metros do trazado

2007_ ASOCIACIÓN DE AMIGOS DE A MARRONDA