ASOCIACIÓN DE AMIGOS DE A MARRONDA




  Español   Galego

 RUTA DA MARRONDA
   TRAMOS
   
Tramo 1: O Cádavo - Fonteo Tramo 8: Penas - Castro (Variante)    
Tramo 2: Fonteo - A Braña Tramo 9: Derivación de Trabeiro    
Tramo 3: Fonteo - Sampaio Tramo 10: Castro - Sampaio    
Tramo 4: A Braña - Cortevella Tramo 11: Sampaio - Cabreira    
Tramo 5: Mendreiras - Cortevella Tramo 12: Cabreira - Cortevella    
Tramo 6: O Cádavo - Penas Tramo 13: Variante Panorámica    
Tramo 7: Penas - Castro Tramo 14: Cabreira - Cortevella (Variante Cazadores)    

Tramo 2: Fonteo - A Braña

GR-1 RUTA DA MARRONDA
TRAMO FONTEO - A BRAÑA
GR-1.9 VARIANTE DA MARRONDA
LONXITUDE: 4.500M
TEMPOS: Ida: 2 horas / Volta: 1 hora 45 minutos
DIFICULTADE: Fácil.
ÉPOCA RECOMENDADA: Todo o ano.
Pinche no Mapa para amplialo

Partimos da zona de recreo habilitada no mesmo nacemento do río Eo en Fonteo, tomando durante uns centos de metros a estrada en dirección a Meira. Logo desviámonos pola pista asfaltada en dirección a Real e Sampaio, que seguimos primeiro en baixada e logo nunha curta pero pronunciada subida, ata acadar un desvío a esquerda cando a pista perde a pendente.

O desvío remonta a xeito de cortalumes pola divisoria do monte para ó cabo duns metros comezar un longo descenso ata as inmediacións de Millares. Atoparemos a confluencia de catro camiños, divididos por un pequeno regato que deberemos cruzar para continuar de frente e subindo. O sendeiro pouco a pouco vaise estreitando, adentrándose nunha zona arborada que pronto deixaremos atrás. Unha sucesión de camiños e carreiros condúcenos a un punto no que á altura dunha curva moi marcada á esquerda e en descenso, deberemos desviarnos radicalmente á dereita e en subida, para bordear unhas fincas ata retomar un camiño que xa nos conduce sin problemas ata a zona máis alta de A Braña

2007_ ASOCIACIÓN DE AMIGOS DE A MARRONDA