A Marronda é
un exemplo excepcional de bosque autóctono galego que
ocupa una extensión de 611 ha . entre as aldeas de
A Braña, Fórneas, Mendreiras, O Real e Martín.
Nunha zona de media montaña,
con valores altitudinais comprendidos entre os 450 e os
925 m . medra esta vigorosa e atractiva masa natural na
que podemos atopar numerosas especies tanto vexetais como
animais.
Son protagonistas da diversidade
vexetal as faias, os castiñeiros, os carballos, as abeleiras,
os acevros, os cancereixos, os salgueiros, os sanguiños,
as hedras, os toxos, as xestas, os fentos, los arandos,
as silvas, os líquens, os mofos, etc.
Entre os representantes da
variedade faunística figuran o xabarín, o
corzo, o raposo, a xineta, a donicela, o esquío,
o azor, o gabián, a águia caudal, o corvo,
a perdiz, o cuco, a bubela, o morcego, o porco espiño,
as formigas, os vagalumes, as lesmas ou os vermes
e ácaros do solo forestal.
Esta impresionante fraga é ademáis
un tesouro paisaxístico e visual que nos regala estampas
cambiantes coas estacións. Mentras o verde intenso da clorofila
das follas domina todo na primavera e no verán, o
amarelo da capa subxacente de pigmentos aparece ó descuberto
no outono e o frío penetra
nas polas núas do invierno que amencen brancas cando
a neve acanda estas latitudes. |