<
ASOCIACIÓN DE AMIGOS DE A MARRONDA




  Español   Galego

 A FRAGA DE A MARRONDA

A Fraga da Marronda, situada entre as entidades de Braña, Mendreiras, Martín e a estrada que une O Cádavo con Martín, é considerada a nai de tódolos bosques de Baleira que, xunto con outros bosques do municipio como son os de Freixido, Bosque do Eo, Monte Grande e Carballal, Bosque da Lastra e Bosque de Córneas entre outros, conforman unha extensión de máis de 30 quilómetros cadrados de bosque. A Fraga de A Marronda, cunha extensión de 1.239 Ha . constituye un magnífico exemplo de bosque autóctono Galego que ademáis conserva un excepcional estado de conservación.

A Fraga da Marronda está incluida na “Rede Natura 2000” , constituída por Zonas de Especial Protección para Aves, e polos chamados Lugares de Importancia Comunitaria da Rexión Biogeográfica Atlántica aprobada pola Decisión Comunitaria de 7 de Decembro de 2004 (DOCE L387 de 29/12/2004).

Esta Fraga Caducifolia de montaña ten como principal singularidade a de constituir unha das máis importantes reservas de faias de Europa. Con valores de altitude comprendidos entre os 500 e os 700 metros , nesta vigorosa e fermosa masa natural podemos atopar gran variedade de especies tanto vexetais como animais.

Flora: Máis de cento setenta especies distintas de árbores e arbustos conviven na Marronda destacando: castiñeiros (Castanea sativa), carballos (Quercus robur), álamos (almus glutinosa), bidueiros (betula alba), abeleiras (Corylus avellana), negrillos (Frexinus excelsior), cancereixos (Sorbus aucuparia), salgueiros (Salís atrocinerea), pradairos (Hacer pseudoplantanus), faias, acevros (Ilex aquifolium), capudres, narcisos (Narcissus cyclamineus), uz, caba, espiño alvar (Crateagus monogyna), arraclan (Frangula almus), cerquiños (Quercus pyrenaica), arandos, xunto cun bo número de especies arbustivas menores como as lianas, entre elas a hedra, la madreselva, bejuco, clemátide, matorral, silvas, xestas, fentos e outro tipo de vexetación como líquens, mofos e fungos.            

 + información

2007_ ASOCIACIÓN DE AMIGOS DE A MARRONDA