ASOCIACIÓN DE AMIGOS DE A MARRONDA




  Español   Galego

 RUTA DA MARRONDA
   TRAMOS
   
Tramo 1: O Cádavo - Fonteo Tramo 8: Penas - Castro (Variante)    
Tramo 2: Fonteo - A Braña Tramo 9: Derivación de Trabeiro    
Tramo 3: Fonteo - Sampaio Tramo 10: Castro - Sampaio    
Tramo 4: A Braña - Cortevella Tramo 11: Sampaio - Cabreira    
Tramo 5: Mendreiras - Cortevella Tramo 12: Cabreira - Cortevella    
Tramo 6: O Cádavo - Penas Tramo 13: Variante Panorámica    
Tramo 7: Penas - Castro Tramo 14: Cabreira - Cortevella (Variante Cazadores)    

Tramo 5: Mendreiras - Cortevella

GR-1 RUTA DA MARRONDA
TRAMO MENDREIRAS-CORTEVELLA
GR-1.9 VARIANTE DE SUBIDA
LONXITUDE: 1.200 M
TEMPOS: : 35 minutos / Volta: 45 minutos
DIFICULTADE: Fácil.
ÉPOCA RECOMENDADA: Todo o ano, especialmente primaveira e verán.
Pinche no Mapa para amplialo

Ista variante non ten maior interese que evita-la subida pola cresta de Mendreiras, tendo maior justificación cando imos en dirección Cortevella-Mendreiras onde a pendente é de certo moi forte, pero non na dirección contraria, xa que o descenso dende Mendreiras pódese facer con tranquilidade e as vistas que oferta o cordal das retortas do río Eo, merecen un pequeno esforzo.

En calquera caso, para segui-la variante baixaremos de Mendreiras pola estrada que vai cara a Martín, e o chegar a un novo grupo de casas, nunha curva moi pechada á esquerda, ben coñecida polos participantes do Rally San Froilán, desviarémonos á dereita por un camiño de terra que nace na parte alta das cortes destas vivendas.

O camiño, percorrido a cotío polo gando da zona, baixará lixeiramente ata onde rematan as entradas ós pastizais, para continuar chán ó longo dun pequeño piñeiral. Ó sair a unha zona despexada faise unha ampla curva á dereita, para enazar de novo coa ruta principal, en pleno descenso a Cortevella.

2007_ ASOCIACIÓN DE AMIGOS DE A MARRONDA