Continuación do GR-1 que atravesa todo o norte peninsular dende Ampurias,
a Ruta da Marronda é o primeriro itinerario da comunidade autónoma
galega seleccionado para formar parte deste sendeiro de Grande Percorrido.
Tamén é o primeiro sendeiro de grande percorrido
da provincia de Lugo, cunha extensión aproximada de
66 quilómetros divididos en diversas variantes circulares
estructuradas en anel que permiten planificar rutas de diversa
lonxitude a afrontar plácidamente nunhas horas ou en
varios días.
O trazado deste sendeiro achegaranos a paraxes dominadas pola
xenerosidade da naturaza, con fragas, bosques galería,
paisaxes fluviais e de montaña que sen dúbida
sorprenderán a que se aproxime a esta ruta.
O perocrrido transcorre maioritariamente por vellos camiños,
corredoiras, carrileiras e sendas de pescadores, con algúns
pequenos tramos nos que o asfalto ou as pistas de terra non
restan interés o itinerario pois o tráfico é prácticamente
inexistente e permútennos disfrutar de excelentes vistas.
Ó longo do percorrido disfrutaremos de innumerables
exemplos do bo estado de conservación do medio natural,
a Marronda e outras fragas de menor tamaño pero igualmente
impresionantes, as ribeiras do Eo que percorremos dende o seu
propio nacemento en Fonteo e que sorprende en Cortevella coas
súas retortas inverosímiles ou o pracer de disfrutar
do que a naturaza nos regala cando no mesmo percorrido os deliciosos
arandos medran de xeito abondoso.
Non debemos esquencer a riqueza etnográfica
do municipio de Baleira, unha zona da montaña luguesa
que reflicte nos seus pobos a dura vida que durante séculos
lles tocou vivir a unhas xentes xenerosas en esforzos, que
medraron íntimamente unidos a unha terra dura e difícil
que se resiste mesmo na actualidade ó dominio do home.
As casas, os hórreos,
as aceñas, as igrexas e as humildes e hermosas capelas
de montaña son de por sí unha atracción
que ó tempo nos proporciona maxistrais leccións
da integración do home no medio, debuxando un exemplo
magnífico dunha paisaxe agraria tradicional que si ben
comenza a cambiar fruto das novas tendencias, ainda se conserva
prácticamente intacta en moitas zonas.
Ademais este percorrido atópase a apenas 30 minutos
da cidade de Lugo, con excelentes comunicacións e varias
estradas de apoio que tanscorren próximas o sendeiro,
conferíndolle unha maior seguridade e múltiples
posibilidades para disfrutalo.
A gastronomía da zona ofértanos notables ejemplos
de productos da terra que farán disfrutar os mellares
gastrónomos, destacando as magníficas carnes
de todo tipo e cómo non o porco, con embutidos como
o Butelo, a caza maior e menor, a pesca e outros productos
menos coñecidos como o queixo de cabra ou o mel de montaña,
amén de viño do pais e magníficas augardentes.
Por todo elo, esta ruta é algo máis que un simple
paseo ou unha actividade deportiva, trátase dunha experiencia
enriquecedora coa que podemos aprender da naturaza e dos homes,
recuperando unha memoria colectiva de sensacións, arrecendos
e sabores que se resisten ó paso do tempo.
SENDEIRO
SINALIZADO
Como sendeiro
homologado pola Federación Galega de Montañismo,
as sinais instaladas permiten percorrelo sen necesidade de
coñecementos previos da zona ou específicos sobre
cartografía e mapas.
As sinais adáptanse ó modelo
estipulado polo Comité Nacional de Sendeirismo e interprétanse
de xeito sinxelo, como se pode ver na clave
de símbolos.
CONSELLOS
O sendeiro é fácilmente transitable
durante todo o ano, pero non debemos de esquencer que transcorre
por unha zona de montaña na que os invernos veñen
acompañados de frío, chuvia e neve.
Igualmente nos meses cálidos os días son calurosos
e mesmo sofocantes, pero polas noites refresca notablemente.
Toda a zoa presenta numerosos manantiais e é frecuente
que determinados treitos do sendeiro permanezcan anegados prácticamente
todo o ano, especialmente despois de chover.
Por todo elo recomendamos facer unha boa elección da
vestimenta e do calzado.
SÚPLICAS
O Sendeiro
transcorre por correodiras, corgas , carreiros e carrileiras.
Evitade abandoalas, respetade a propiedade privada e procurade
non interferir na vida dos habitantes das zonas que visitedes
Algunhas das zonas que atravesamos é especialmente
sensible ás agresións ambientais. Respetade a
naturaza, non deixedes ningún rastro do voso paso, evitade
ruidos estridentes, NON fagades lume.