Deixamos o hermoso pobo de Cabreira por unha
pista de terra recentemente ampliada, que seguiremos ata un
cruce característico no que podemos optar por continuar
recto pola “Variante dos cazadores” ou desviarnos á dereita
polo trazado principal.
Si optamos por esta última opción, a pista continúa
ata as inmediacións dun carballal de notables dimensións
que rodearemos ascendendo polo carreiro rozado nun pequeño
tramo de monte baixo.
Pronto acadamos unha zona despexada e chán na que podemos
novamente optar pola “Variante panorámica” que nos levará ata
Cabreira ou por desviarnos á esquerda e continuar en
dirección ó pobo de Cortevella. A partir deste
punto o sendeiro debuxa un trazado laboriosamente construido
no que é fácil atopar pegadas e mesmo as camas
dos corzos.
O sendeiro, logo dun descenso considerable pero suave, acada
pronto un novo cruce dende o que xa se ve o pobo de Piñeira.
Aquí deberemos de tomar o camiño que se desvía
lixeiramente a esquerda nun suave descenso que pronto se irá facendo
máis pronunciado ata acadar a vella ponte de madeira
no rego de Piñeira. |