Trátase dunha
variante de utilidade para facer un pequeno
percorrido circular con saída e chegada en Cabreira, que comeza
nunha zona despexada característica na que o sendeiro
principal perde a sua inclinación logo de
subir rodeando o carballal descrito na etapa Cabreira-Cortevella
.
Nese punto desviámonos
á dereita para retornar ata Cabreira nun agradable paseo
chán ou en descenso xa perto da aldea.
Dende esta variante gozamos
de inmellorables vistas do val do Eo, da variante dos cazadores
e dos fermosos pobos ubicados na ladeira oposta. |