ASOCIACIÓN DE AMIGOS DE A MARRONDA




  Español   Galego

 RUTA DA MARRONDA
   TRAMOS
   
Tramo 1: O Cádavo - Fonteo Tramo 8: Penas - Castro (Variante)    
Tramo 2: Fonteo - A Braña Tramo 9: Derivación de Trabeiro    
Tramo 3: Fonteo - Sampaio Tramo 10: Castro - Sampaio    
Tramo 4: A Braña - Cortevella Tramo 11: Sampaio - Cabreira    
Tramo 5: Mendreiras - Cortevella Tramo 12: Cabreira - Cortevella    
Tramo 6: O Cádavo - Penas Tramo 13: Variante Panorámica    
Tramo 7: Penas - Castro Tramo 14: Cabreira - Cortevella (Variante Cazadores)    

Tramo 14: Cabreira - Cortevella (Variante Cazadores)

GR-1 RUTA DA MARRONDA
TRAMO CABREIRA-CORTEVELLA
GR-1.7 VARIANTE DOS CAZADORES
LONXITUDE: 2.800M
TEMPOS: Ida:1 hora 40 m/ Volta: 1 hora 30 m
DIFICULTADE: Difícil (chán moi esbaradizo e irregular)
ÉPOCA RECOMENDADA: Todo o ano
Pinche no Mapa para amplialo

Ó pouco de sair do pobo de Cabreira pola pista de terra, atoparemos un cruce onde seguindo de fronte camiñaremos pola seductora “Variante dos cazadores”.

Logo dunha curta baixada cruzaremo-lo Eo por unha ampla e robusta ponte de madeira, que convirte a pista de terra nun estreito sendeiro que xira á dereita e bordea as fincas traballadas seguindo a beira do río.En seguida, ó chegar a un prado que invita a tumbarse nel, cométase a subir a ladeira do monte nun pequeño desvío cara á esquerda, por un carreiro rozado no que prima o monte baixo.

Ó mesmo tempo que se ascende, imos debuxando a ladeira que nos aparta do rumor do Eo cara á esquerda ata atopar unha fermosa e virxe fraga, pola que deberase poñer moita atención no andar, xa que o sendeiro semilla desaparecer nalgún intre, ademáis da notoria inclinación da ladeira da montaña.

Unha vez atravesada a fraga que volta cara á dereita, saímos a unha zona sinuosa e estreita de monte baixo típica das partes altas dos montes, dende a que podemos disfrutar da vista do pequeño val do río Eo, que non deixa de facernos compaña.

Tras un pequeno percorrido polo monte, xiramos á dereita a través dunha ferida da montaña, que descendendo condúcenos de novo a un camiño que pouco a pouco vaise facendo máis marcado e amplo, e que se adentra nun souto de fábula, que xa non deixaremos caseque ata o remate da variante.

O camiño é moi cómodo baixo ás arbores, e tras salvar algún que outro toro abatido, deberemos facer un xiro de noventa grados á dereita para atravesar con xeito un pequeño afluente do Eo.

A partir de aquí, o sendeiro irá descendendo a modo ata facernos camiñar a rentes do río, onde en épocas de chuvia o nivel das augas pode obligarnos a mollar as botas. Inmediatamente chegamos a unha vella ponte de madeira, pola que atravesaremos á outra zona da fraga, onde non é difícil ollar as fozadas do xabarín.

Aquí o sendeiro sae dos castiñeiros subindo nunha forte, aínda que curta, pendente que nos levará ata un cruce sinalizado coa ruta principal, onde xirando á esquerda levaranos cara á Cortevella, ou cara a Piñeira se seguimos de fronte.

Como o seu nome indica, os domingos de caza non son os días máis axeitados para desfrutar e relaxarse neste anaco da Ruta da Marronda, ó igual que ocorre neutros treitos do sendeiro.

subir

2007_ ASOCIACIÓN DE AMIGOS DE A MARRONDA