Iste treito que parte da capitalidade do concello,
O Cádavo, é o único
que na sua maior parte transcorre por asfalto, a traveso dunha
estrada que nace nunha praciña xusto baixo ó Centro
de Saúde. Escomeza en lixeira baixada, para ascender
de seguido un bo treito ata chegar a un alto ocupado por piñeiras,
no que a estrada vira á esquerda baixando de novo e
facendo outro xiro á dereita, cara a uns pastizais a
partir dos que a estrada fai unha suave e curta subida.
De seguido chégase ó alto, no que tamén
conflue pola esquerda unha ampla pista forestal, e cando a
estrada descorre chá desviámonos por fin á dereita
por un camiño de terra.
Moi pouco despois, nunha curva á esquerda cunhas penas,
dende a que ollamos o pobo de Estornín na outra parte
do val, o camiño descende lixeiramente levándonos
directamente a Penas, pobo que atravesamos polas suas estreitas
corgas.
|