ASOCIACIÓN DE AMIGOS DE A MARRONDA




  Español   Galego

 RUTA DA MARRONDA
   TRAMOS
   
Tramo 1: O Cádavo - Fonteo Tramo 8: Penas - Castro (Variante)    
Tramo 2: Fonteo - A Braña Tramo 9: Derivación de Trabeiro    
Tramo 3: Fonteo - Sampaio Tramo 10: Castro - Sampaio    
Tramo 4: A Braña - Cortevella Tramo 11: Sampaio - Cabreira    
Tramo 5: Mendreiras - Cortevella Tramo 12: Cabreira - Cortevella    
Tramo 6: O Cádavo - Penas Tramo 13: Variante Panorámica    
Tramo 7: Penas - Castro Tramo 14: Cabreira - Cortevella (Variante Cazadores)    

Tramo 7: Penas- Castro

GR-1 RUTA DA MARRONDA
TRAMO PENAS-CASTRO
LONXITUDE: 6.900 M
TEMPOS: 2 horas 30 minutos / Volta: 3 horas
DIFICULTADE: Fácil.
ÉPOCA RECOMENDADA: Todo o ano.
Pinche no Mapa para amplialo

Escomezamos o noso descenso por un estreito camiño que desemboca na pista que nos conducirá ata Estornín. No medio diste pobo, parte unha estreita corga que descendendo por ela conduciranos por un camiño cambiante e moi atractivo ata Suagranda, pobo composto por unha única casa que abandoamos por un amplo sendeiro en baixada, primeiro suave e logo bastante pronunciada, ata un regueiro que cruzaremos sen excesivas dificultades para logo remontarnos ata as inmedicacións de Ladride.

Alí un novo tramo descende rápidamente ata o rego de Cubilledo, que bordeamos ata acadar unha estrada asfaltada que nos leva á fermosa igrexa de Cubilledo, xunto da cal ofrece a sua sombra un antigo e grande teixo.

Pasada a igrexa e logo dun pequeño tramo pola estrada cara a Castro, dseviámonos á dereita para tomar un camiño empedrado de forte pendente que nos conduce sen perda ata o pobo.Á entrada de Castro, desviándonos uns metros á dereita vemos unha pequena e singular capela.

 

2007_ ASOCIACIÓN DE AMIGOS DE A MARRONDA