ASOCIACIÓN DE AMIGOS DE A MARRONDA




  Español   Galego

 RUTA DA MARRONDA
   TRAMOS
   
Tramo 1: O Cádavo - Fonteo Tramo 8: Penas - Castro (Variante)    
Tramo 2: Fonteo - A Braña Tramo 9: Derivación de Trabeiro    
Tramo 3: Fonteo - Sampaio Tramo 10: Castro - Sampaio    
Tramo 4: A Braña - Cortevella Tramo 11: Sampaio - Cabreira    
Tramo 5: Mendreiras - Cortevella Tramo 12: Cabreira - Cortevella    
Tramo 6: O Cádavo - Penas Tramo 13: Variante Panorámica    
Tramo 7: Penas - Castro Tramo 14: Cabreira - Cortevella (Variante Cazadores)    

Tramo 8: Penas- Castro (variante dos arandos)

GR-1 RUTA DA MARRONDA
TRAMO PENAS-CASTRO (variante dos arandos)
LONXITUDE: 3.800 M
TEMPOS: 1 horas 30 minutos / Volta: 1 hora 40 minutos
DIFICULTADE: Fácil.
ÉPOCA RECOMENDADA: Todo o ano.
Pinche no Mapa para amplialo

No tramo de sendeiro que descende dende Penas a Estornín, atopamos unha confluencia dunha ampla pista de terra que descende claramente á esquerda, descendendo por ela e nunha curva marcada á dereita dun camiño notablemente máis estreito desvíanos de novo a esquerda, para escomenzar unha subida corta pero de notable pendente ata unha pequena golada, logo un camiño entre balados no que abondan os arandos conduciranos nun descenso igualmente pronunciado ata unha zona de pradeiras nas que o camiño desembocará pronto na pista de terra que sin problemas nos permite chegar a Trembedo.

De Trembedo saímos pola estrada que descende ata Cubilledo, para abandoala pronto, caseque ó final dun treito recto que remata nunha curva á dereita. Dende este punto un camiño fácil ascende sin problemas ata Castro, pobo que xa divisamos dende a estrada de Cubilledo.

 

2007_ ASOCIACIÓN DE AMIGOS DE A MARRONDA