ASOCIACIÓN DE AMIGOS DE A MARRONDA




  Español   Galego

 RUTA DA MARRONDA
   TRAMOS
   
Tramo 1: O Cádavo - Fonteo Tramo 8: Penas - Castro (Variante)    
Tramo 2: Fonteo - A Braña Tramo 9: Derivación de Trabeiro    
Tramo 3: Fonteo - Sampaio Tramo 10: Castro - Sampaio    
Tramo 4: A Braña - Cortevella Tramo 11: Sampaio - Cabreira    
Tramo 5: Mendreiras - Cortevella Tramo 12: Cabreira - Cortevella    
Tramo 6: O Cádavo - Penas Tramo 13: Variante Panorámica    
Tramo 7: Penas - Castro Tramo 14: Cabreira - Cortevella (Variante Cazadores)    

Tramo 9: Derivación de Trabeiro

GR-1 RUTA DA MARRONDA
TRAMO DERIVACIÓN DE TRABEIRO
LONXITUDE: 2.700 M
TEMPOS: 1 horas 30 minutos / Volta: 1 hora
DIFICULTADE: Media (Pendente mantida)
ÉPOCA RECOMENDADA: Todo o ano.
Pinche no Mapa para amplialo

Este tramo ten unha doble utilidade, pois serve para comunicar o tramo Cádavo-Penas-Estornín co “Camiño Primitivo” de Santiago, polo que podemos voltar ata Cádavo, e ademais convírtese nunha entrada ó sendeiro dende a estrada de A Fonsagrada.

Logo de cruzar o pequeño regato que atopamos na baixada a Estornín dende Penas e despois dun treito en ascenso chegamos a unha curva á esquerda nunha ampla bifurcación.Si continuamos á esquerda chegaremos pronto a Estornín, si optamos pola opción da dereita comezamos unha longa pero asequible subida, primeiro máis pronunciada pero logo cada vez máis suave.Trátase dun camiño de terra que desemboca na estrada de A Fonsagrada , que seguiremos agora uns centos de metros, para desviarnos á dereita no remate dunha recta para descender ata Trabeiro sen perda.

Outra opción é desviarnos antes de chegar ó regueiro nun cruce similar ó descrito anteriormente que atopamos no descenso dende Penas, logo do cruce da “Variante dos arandos”, e que tamén tomaremos á nosa dereita. Continuando por este camiño, cruzaremos o regueiro un pouco máis arriba e logo de traspasar unha cancela seguimos o trazado lóxico do sendeiro ata desembocar no camiño que sube dende Estornín.

2007_ ASOCIACIÓN DE AMIGOS DE A MARRONDA